Software
Aquí engadiremos todas as ferramentas, módulos, etc. que desenvolvamos para o proxecto. Todas terán licencia de Código Aberto GPL. polo que podes descargalas e usalas libremente.
Ferramentas e utilidades para o EyeOS 1.9 (Tamén atópanse no repositorio oficial de EyeOS, http://eyeos-apps.org/)
EyeConference (Multiconferencia - Webminar)
Data: feb 2011.
Autor: Jose Manuel Abuín
Descripción:
eyeConference permite integrar o webminar de código aberto Openmeetings no seu eyeOS, para poder realizar videoconferencias múltiples desde o eyeOS de forma transparente, compartir o escritorio ou compartir unha pizarra / presentación multimedia.
SU (Troco de usuario)
Data: dec 2010.
Autor: Antonio Campos
Descripción:
Este programa amosa unha lista con todos os usuarios rexistrados e permite aos administradores entrar no sistema coa identidade de calquera usuario (cos seus permisos, escritorio, arquivos) dende o interfaz EyeOS.
Es posible escribir o nome de usuario nunha caixa de texto ou facer doble clic no seu nome. Entón se entra no escritorio do usuario e pódese facer todas as labores de mantemento necesarias sobre a súa conta. Non hai necesidade de coñecer a clave de usuario para facer isto. So usuarios con dereitos de administrador poden executar este programa.
Mensaxería interna mellorada
Data: dec 2010.
Autor: Antonio Campos
Descripción:
Esta é unha modificación da aplicación orixinal "NewMessage", que se emprega cando se escribe un mensaxe interno novo dende "eyeMessages". Na aplicación orixinal, necesitas coñecer o nome de usuario do receptor. Agora nesta versión, podes abrir unha lista de usuarios individuais e grupos, así como buscalos a través de un buscador integrado. Entón podes enviar un mensaxe a un usuario ou a todo un grupo de usuarios, só facendo doble clic no seu nome. Tamén se poden enviar mensaxes a variso usuarios e grupos á vez, simplemente escollendo os seus nomes.