Menu:

English Español (Spanish) Galego (Galician)

 

Logo CESGA

 

Logo Xunta de Galicia

 

colaboran:

 

Distincións:

Finalistas en Premios Educared

 

Proxecto

Baixo o nome "Comunidades Rurais virtuais para a educación na nube" levamos a cabo un proxecto piloto sobre as posibilidades da computación cloud (ou na nube) aplicada e adaptada ás necesidades das pequenas escolas rurais.

Este proxecto de investigación está dirixido polo Centro de Supercomputación de Galicia -CESGA- (Santiago de Compostela, España) e financiado polos laboratorios de investigación de Hewlett Packard -HP Labs- en California (USA), ademáis de polo propio CESGA.

Pretendemos deseñar, implementar e avaliar unha retadora experiencia educativa na contorna dun C.R.A. (Colexio Rural Agrupado): empregar a computación cloud como medio para compartir, aprender e aproveitar dunha maneira eficiente os limitados recursos TIC dispoñibles nunha pequena rede de escolas rurais na contorna de Santiago de Compostela. Éste será un proxecto piloto para aprender cales son as mellores formas de optimizar a computación cloud para que sexa realmente útil para as escolas rurais en calquera parte do mundo. Por suposto, compartiremos os nosos resultados, productos e ideas co mesmo espíritu que obtemos de outros: o da aprendizaxe compartida e o código libre e aberto. ¡O coñecemento so crece cando se comparte!

Estás invitado a contactar con nos para compartir as túas experiencias, suxerencias ou se queres máis información sobre este proxecto.