Código aberto
O uso de software de código aberto é crucial neste proxecto, posto que nos permitirá seleccionar, adaptar e reutilizar compoñentes software para deseñar unha solución a medida para as necesidades desta comunidade educativa: alumnos, profesores e pais.
Sitios como Eduforge ou Schoolforge manteñen un número importante de proxectos orientados ao uso de FLOSS (Software libre e de código abierto) en contextos educativos.As novas contornas como virtualización de servizos, sistemas operativos na nube, etc. poden tamén servir como marco de traballo para lanzar aplicacións e integrar de forma transparente outros recursos FLOSS de aprendizaxe ou servizos, e supoñen unha contorna moi flexible e prometedor para desenvolver servizos cloud con múltiples posibilidades para a escola.
O noso proxecto está baseado en software de código aberto. Empregamos algúns paquetes, e os adaptamos en gran medida para as nosas necesidades, e outras partes, creamolas nos, e as ofrecemos para a súa descarga tamén con licencia GPL de código aberto. (Ver a sección software).
O proxecto Rural Schools & Cloud Computing basease nos seguintes paquetes:
- Debian O.S.
- Xen cloud platform
- Apache Servidor Web
- EyeOS 1.9. Sistema operativo na nube (escritorio virtual)
- OpenMeetings. Servicio de multiconferencia
- SQLite SQL Xestor de BBDD
- Clam AV. Antivirus de servidor