Menu:

English Español (Spanish) Galego (Galician)

 

Logo CESGA

 

Logo Xunta de Galicia

 

colaboran:

 

Distincións:

Finalistas en Premios Educared

 

Nube do profesor

A nube do profesor é a contorna que empregan os profesores do proxecto para comunicarse, compartir recursos e crear materiais de forma colaborativa. Conta con ferramentas de ofimática, (procesador de textos, presentacións), de comunicación (taboleiro de noticias-chat, mensaxería interna, correo, videoconferencia), ferramentas de edición multimedia (editor de imaxes, de vídeo, etc.) Tamén permite de forma sinxela o acceso e xestión de ficheiros propios e do grupo, pudendo utilizar unha ferramenta similar a un explorador de ficheiros para almacenar materiais de traballo, recursos educativos, etc. e poder compartilos co resto do profesorado, ou ben poñelos para os alumnos do CRA de primaria ou de infantil.

Este escritorio virtual do profesor (así como o dos alumnos de infantil e primaria) pode ser modificado, engadindo outras ferramentas ou recursos na nube, por parte dos propios profesores, de forma sinxela, para potenciar a autonomía da comunidade escolar e a flexibilidade da contorna, que puede ir variando de contidos e ferramentas ao longo do curso e as necesidades.