Obxectivos
O obxectivo principal deste proxecto é avaliar unha solución baseada en cloud computing que proporcione servizos de aprendizaxe e colaboración remota ás redes de escuelas rurais.
Este obxectivo principal ten varios obxectivos detallados:
- Deseñar e desenvolver unha solución de software e hardware, baseada en computación cloud e de código aberto, axeitada para nenos, profesores e pais nas pequenas escolas rurais.
- Probar esta solución nunha contorna real nun Centro Rural Agrupado, o de Boqueixón-Vedra, na contorna de Santiago de Compostela.
- Avaliar esta solución dende o punto de vista técnico e de satisfacción dos usuarios.
- Contribuir coas nosas experiencias a outras comunidades con necesidades similares (pequenas comunidades, dispersión, acceso a Internet limitado).