Menu:

English Español (Spanish) Galego (Galician)

 

Logo CESGA

 

Logo Xunta de Galicia

 

colaboran:

 

Distincións:

Finalistas en Premios Educared

 

Retos

Dende o punto de vista técnico, as escolas dun CRA non dispoñen de persoal administrativo ou técnico que lles axude coa sua infraestructura informática. Únicamente hai un servizo centralizado por parte da administración (en Galicia, a UAC) ao que poden recurrir por teléfono. Por tanto, son os profesores os que de forma individual teñen que enfrentarse a múltiples problemas (virus, problemas de instalación de software, costes de licenzas, acceso a Internet de baixa calidade, etc.).

Este escenario educativo supón que a escola funciona como unha unidade distribuida, con perfiles diferenciados: profesores titores, profesores itinerantes, alumnos, pais, administración, que atopan grandes dificultades para contar con servizos de computación fiables, escalables e accesibles de forma sencilla para compartir información, recursos, comunicarse e aprender e traballar de forma colaborativa.

Os profesores que traballan nestas escolas teñen serios problemas para traballar de forma colaborativa co resto dos seus colegas, debido á distancia entre as escolas e as esixencias dos seus horarios. Aínda máis, cando nos referimos aos profesores itinerantes, tamén teñen a dificultade engadida de ter que traballar cada día en diferentes escolas, polo que lles resulta complicado preparar as súas clases, almacenando os seus documentos en diferentes ordenadores, o ben con memorias usb. A posibilidade de colaborar en materiais conxuntos cos seus compañeiros vóltase moitas veces moi difícil.

O equipamento informático de cada escola do CRA sole ser duns poucos ordenadores de sobremesa (3 ou así), en xeral bastante obsoletos, ademáis dun ou dous portátiles. Tamén contan cunha pizarra dixital interactiva (PDI) e proxector por centro. Esta situación fai bastante difícil conseguir que os alumnos traballen de forma individual ou en pequenos grupos nun ordenador, polo que a maior parte das actividades plantéxanse como propostas de grupo mediante a PDI.

A conexión a Internet é o maior reto ao que nos enfrentaremos, posto que, aínda que existe unha conexión ADSL en todos os centros, a velocidade dispoñible nalgún caso só é de 512 K, e no mellor dos casos non sobrepasa a velocidade teórica de 4 Mb en dous centros. Pero a falta de infraestructuras axeitadas nas áreas rurais fai que esta conexión no estea dispoñible con certa frecuencia, e a velocidade sexa en moitos casos insuficiente para plantexarse algunha actividade que supoña a interacción entre diferentes escolas. Por tanto, as actividades "conxuntas" dos nenos das diferentes escolas do CRA limítanse a algunha actividade conxunta simultánea, como excursións, festivais, etc. Neste proxecto pretendemos analizar tamén a posibilidade de levar cabo alguna actividade de aprendizaje conxunta e simultánea.

Os pais participan principalmente nas actividades da escola da "súa" localidade, pero teñen unha mínima interacción co resto de pais e profesores que non están na súa localidad. A posibilidade de que se comuniquen rápidamente cun profesor determinado que non sexa o titor é difícil, porque depende do horario dos profesores itinerantes cada día.